|
|
LAO SANTOS SERA O NOVO ADESTRADOR DO EQUIPO SENIOR MASCULINO |
|
|
|
| | 
As derrotas continuadas do equipo senior precipitan a marcha de Juán Noia como adestrador do equipo senior de Primeira Autonómica. A Xunta Directiva en xuntanza celebrada no día de onte escolleu a un adestrador da casa para reconducir o “rumbo do barco”.
A pesares da ilusión posta dende o inicio da tempada, o xa ex adestrador Juan Noia non topou coa fortuna necesaria para conquerir un triunfo para o equipo senior. A pesares da bóa tempada que fixo o ano pasado cos xuvenís masculinos (co cal acadou o ascenso a primeira autonómica), e dos esforzos tanto de xogadores e adestrador postos en cada encontro a sorte doulle as costas o equipo meco. “Unha auténtica pena despois da pretempada realizada. As cousas pintaban moi ben, pero varias baixas, lesións e as limitacións de efectivos foron mermando as nosas posibilidades”. Así poñía un punto e aparte o Presidente Francisco Pérez a participación de Noia no RASU. “Juán Noia integrouse moi ben na familia do Rasoeiro e so temos palabras de agradecemento polo seu traballo”. Agora toca mirar cara adiante. Lao Santos faise cargo apartir de hoxe do equipo. Coñece a case todolos xogadores pois a moitos xa os dirixiu fai duas tempadas cando tamén dirixía este equipo. Fai falla recuperalos xogadores animicamente e incluso replantear o sistema de xogo. Lao Santos é o encargado de dirixir a base do club e a maiores dirixe o equipo cadete masculino.
|
|